Noticias

Os podólogos alertan do risco de lesións ante a interrupción da liga polo coronavirus

Os podólogos alertan do risco de lesións ante a interrupción da liga polo coronavirus

Bochas ao volver calzar as botas despois de tres meses, e sobrecargas e metatarsalxias son os principais problemas aos que se enfrontan os futbolistas profesionais

No inicio da liga, o Colexio de Podólogos de Galicia contactou co podólogo do Real Club Deportivo da Coruña, Manuel Romero, para saber como se atopan os futbolistas tras o confinamento

O 10 de xuño volve a liga. Como afectaría o parón aos pés dos futbolistas? Moitos clubs contan con podólogos nos seus cadros médicos, aínda que case sempre como asesores externos ou ocasionais. Algúns, como o Real Madrid ou o Barcelona, hai anos que contan con estes profesionais.

En concreto, o Colexio de Podólogos de Galicia, destaca as valoracións do podólogo do Real Club Deportivo da Coruña, Manuel Romero, que explica aspectos diversos sobre o actual estado podolóxico dos xogadores do equipo coruñés, actualmente en segunda división e cuxo primeiro partido da liga SmartBank disputarase o domingo día 14 contra o Real Sporting.

A primeira cuestión que calquera afeccionado pode exporse xira ao redor do risco de lesións como consecuencia do parón pola pandemia do covid-19. Manuel Romero, que é profesor da Facultade de Enfermería e Podoloxía de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC), explica que as recomendacións son as típicas de comezo de tempada: tratar as afeccións dérmicas e ungulares existentes, boa hidratación do pé, protección de zonas habituais de rozamento e ter moito coidado coas botas desgastadas, deformadas ou endurecidas por falta de uso.

E sobre as lesións, a pesar do mantemento dos xogadores nas súas casas, a posibilidade está aí. Romero sinala que os tecidos non están adaptados como antes ás demandas físicas, e as principais lesións ás que se enfrontan os futbolistas profesionais son bochas ao volver calzar as botas despois de tres meses, talalxias e fascite plantares por levar zapatillas de casa, sobrecargas e metatarsalxias.

“Aínda que se adestrou varias horas ao día, este adestramento foi con limitacións e moi diferente á actividade que realizarán despois do parón. Ademais, o pé traballa e mantén a forma, en parte, grazas a cada paso do noso día a día, e esa actividade viuse reducida case a cero” –asegura–. Tamén destaca que, durante o confinamento, mantivo contacto cos xogadores, para facer seguimento e resolver os problemas que puidesen xurdir.

Nestes días, Romero indica que o traballo actual cos xogadores é moi similar ao que se realiza en pretempada, aínda que co prexuízo de estar máis tempo parados que nas vacacións de verán e coa vantaxe do plan de traballo realizado e unha climatoloxía máis favorable sen tanto calor.

De maneira xeral, Manuel Romero manifesta que o papel dos podólogos en todas as categorías do fútbol é fundamental, e son moitos os clubs que contan xa coa podoloxía nas súas organigramas médicos, aínda que lembra que “aínda queda moito camiño por percorrer”, a pesar de que a demanda dunha atención podolóxica especializada é cada vez maior.

🔶 #verano #sol #piscinas ☀️🏊‍♀️🏖Recomendamos el uso de chanclas en playas y piscinas para evitar el contagio de hon… https://t.co/KcoRLqq1Ef
📰 Aquí están las últimas noticias de la profesión, en el boletín número 59 del @CGPodologos 🔶 Si queréis leer la… https://t.co/hYc7p08Q6u
La Asamblea General del @CGPodologos reúne hoy y mañana a todos los presidentes de los Colegios Oficiales de Podolo… https://t.co/qpQEuyF3cq
Homenaje de los colegios sanitarios de Galicia https://t.co/02sfKyIgZH a través de @Farodevigo
29 colegios profesionales sanitarios de Galicia rendirán el próximo día 28 de julio un homenaje histórico a las víc… https://t.co/z8ZMDR7YfN
O COPOGA entre eles‼️ Os 29 colexios profesionais sanitarios de Galicia preparan unha homenaxe ás vítimas do corona… https://t.co/T0OoVivmiX
🔶 La salud de nuestros pies importa.🦶Acude al podólogo una vez al año. No te la juegues #visitaatupodólogo 👣 🔷 A s… https://t.co/ABibYWlVqX
Zapatos de plataforma, ¿es seguro su uso? https://t.co/n1ymgMeEec a través de @webconsultas
🔶 Los podólog@s pueden prescribir medicamentos 💊 y productos sanitarios como las ortesis para aliviar o tratar una… https://t.co/kf5p2tz63y
Expertos lamentan que los podólogos no estén incorporados en el SNS aunque son los especialistas en pie diabético https://t.co/zpifasNMeS
🔶Con la llegada del🌞, cada vez son más las personas que deciden salir a practicar #running 🏃‍♀️🏃‍♂️ 🦶 Pero para evi… https://t.co/4YjjpOMJvv
🤩El presidente del COPOGA, Juan Dios, estuvo ayer en directo en el programa "Quen anda aí?" de @TVGalicia para habl… https://t.co/05cjJn3Zu7
#Sentidiño Medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da covid-19: de hixiene, a distancia… https://t.co/qeRyXQHbGA
El presidente del COPOGA, Juan Dios, ha hablado en el programa Más de uno Vigo de @ondacerovigo sobre el melanoma e… https://t.co/qCsyOKs7Gw
#Sentidiño @Xunta @esaude_sergas https://t.co/L0k5iplVC2
#Sentidiño @Xunta @esaude_sergas https://t.co/b3GILsREj4
Instan a la detección precoz del melanoma en los pies https://t.co/g2vAB9HIn0
Los podólogos aconsejan visitas una vez al año para la detección precoz del melanoma en los pies… https://t.co/TKhRqwbmy9