Consellos

Os podólogos galegos aconsellan aos cofrades preparar os pés para o esforzo de Semana Santa

Os podólogos galegos aconsellan aos cofrades preparar os pés para o esforzo de Semana Santa

Os podólogos galegos aconsellan aos cofrades preparar os pés para o esforzo de Semana Santa

Borja Pérez, presidente:

“Permanecer demasiado tempo de pé, camiñar durante horas a paso moi lento, cargar cun peso, utilizar un calzado inadecuado ou pisar os restos de cera das procesións poden provocar bochas, dores ou uñas negras que se poderían evitar”

Miles de persoas participarán, como confrades ou fieis, nos desfiles procesionais de Semana Santa que se celebrarán esta semana en toda Galicia, aínda que de forma destacada en localidades como Ferrol ou Viveiro, declaradas Festas de Interese Turístico Internacional, ou noutros puntos como Finisterre, Cangas do Morrazo ou Paradela en Meis.O Colexio de Podólogos de Galicia explica que os pés constitúen unha das partes do corpo que máis sofre durante a participación nas procesións, porque se someten a esforzos pouco habituais, como soportar a carga dos pasos, longas camiñadas ou horas de espera sen asento. É importante manter prácticas saudables antes, durante e despois das procesións, así como visitar a consulta dun profesional da podoloxía ante calquera dúbida para previr doenzas e lesións. “Permanecer demasiado tempo de pé, camiñar durante horas a paso moi lento, cargar cun peso, utilizar un calzado inadecuado ou pisar os restos de cera das procesións poden provocar bochas, dores ou uñas negras que se poderían evitar” – explica o presidente do Colexio, Borja Pérez Serrano-.

Ademais, o Colexio recomenda comprar o calzado pola tarde, cando os pés están máis inchados, e usalo uns días antes para non estrealo no momento das procesións. “O calzado é preferible que sexa de sola flexible, grosa e antiescorregadiza, suxeito ao empeine, con contraforte e punteira ancha. Hai que lavar os pés sen baños prolongados e secalos moi ben, cortar as uñas rectas e manter a pel hidratada” – apunta o presidente-.

Á hora de formar parte das procesións, o Colexio aconsella non saír descalzo pola cantidade de riscos de feridas e infeccións ás que se expoñen os pés. En caso de desatender este consello, sinala que hai dous hábitos fundamentais, hidratar os pés ben cunha crema cunha porcentaxe alta dun composto químico chamado urea, e lavalos con esmero ao chegar a casa.

Tanto nos casos de formar parte da procesión como de asistir como público, os podólogos destacan que outras prácticas recomendables nos casos de paradas prolongadas son cambiar alternativamente a perna de apoio, realizar movementos xiratorios con cada pé e porse ás veces no bico dos pés para reactivar a circulación.

Ademais, os podólogos lembran que os pés poden recuperarse nunha soa noite, pero subliñan que é moi importante observalos minuciosamente, do mesmo xeito que o calzado para comprobar posibles alteracións ao chegar a casa tras as procesións. Baños de contraste con auga fría e quente, colocar os pés no alto e masaxear desde os dedos cara ao talón son algunhas prácticas recomendables para aliviar os pés inchados. No caso de bochas, Borja Pérez destaca a importancia de non abrilas, limpar con antiséptico, cubrir con gasa e consultar ao podólogo.

Borja Pérez Serrano fixo recomendacións profesionais para o coidado dos pés peregrinos na @TVGalicia @RadioGalegahttps://t.co/gQiYl2b8IN
Borja Pérez Serramo asistió esta tarde a la graduación de los nuevos podólogos en el campus de Ferrol @vozferrolhttps://t.co/gfCvlN8HCe
La directora de comunicación de la Organización Médica Colegial de España, Teresa Alfageme, dirige un equipo de 5 p… https://t.co/cOWeyxoJY4
Os podólogos asesoran os penitentes para evitar doenzas, en Televisión de Galicia​ https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be
Seguimos apoyando a los #deportistas. Ayer domingo en la carrera popular gandeira de Santa Comba en la asistencia… https://t.co/B3uqseFNjN
Los podólogos dan las pautas para la Semana Santa - Diario Sanitario https://t.co/XVuRiGpGbk
El domingo de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores con i… https://t.co/hRMZwvaw6d
El domingo-21 de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores co… https://t.co/DPUl6xcCqE
Consejos para los principiantes en el running y así evitar lesiones innecesarias https://t.co/7vktSb46Z3
Exploración biomecánica para evitar lesiones https://t.co/btxmgbUtKg
Recomendamos na exploración biomecánica previa a la práctica de running para prevenir lesiones Borja Pérez, presid… https://t.co/dKIUouSwG7
📸 Álbum de fotos de la jornada de asistencia podológica a los corredores del maratón Coruña42 , ayer domingo en la… https://t.co/vCr5IH6fAQ
🏃‍♂️🏃‍♀️Este domingo se celebra el VIII Maratón Atlántica @Coruna42 , y allí estaremos los podólogos‼️Asistiremos a… https://t.co/EanFoGTyEw
Nuestro presidente abrió ayer en el congreso de estudiantes en la facultad de FERROL. https://t.co/7ODHEggyWM