Novas

Os podólogos galegos aconsellan someterse a cirurxías do pé, como juanetes ou dedos en garra, en vacacións

Os podólogos galegos aconsellan someterse a cirurxías do pé, como juanetes ou dedos en garra, en vacacións

Os pacientes disporán de máis tempo para a recuperación e a comodidade de poder ter o pé descalzo no verán

Borja Pérez, presidente do Colexio de Podólogos de Galicia: “Hai protocolos que permiten saír da intervención camiñando e sen dor”
O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella aos seus pacientes aproveitar o período vacacional para someterse a intervencións cirúrxicas no pé, como operacións de juanetes, dedos en garra ou uñas encarnadas. Os especialistas sinalan que os pacientes poderán ter unha recuperación máis cómoda e pausada, ademais de supor un plus para o postoperatorio ao poder ter o pé descalzo.
Nos últimos anos, a cirurxía do pé converteuse nunha especialidade en alza. Cada vez hai máis xente que solicita tratamentos cirúrxicos definitivos e non paliativos. Os podólogos galegos aseguran que a cirurxía do pé é unha especialidade chamada a crecer no ámbito da podoloxía polos avances médico-cirúrxicos e a demanda crecente dos pacientes. “Hai protocolos que permiten saír da intervención camiñando e sen dor” -manifesta o presidente da entidade, Borja Pérez-.
Os pacientes poden someterse a intervencións para facer corrección das deformidades do pé con materiais biocompatibles que co tempo intégranse nos ósos e son reabsorbidos polo organismo: “É o que se chama osteosíntesis reabsorbible, unha cirurxía reconstuctiva orientada ao pé plano, dedos de martelo, callosidades, estabilización dixital, etcétera, con materiais que teñen a consistencia do titanio, evitando ademais as próteses metálicas” -indica o presidente-.
Outra das innovacións en resolución de patoloxías do pé é a cirurxía M.I.S, que trata de dar solución mediante cirurxía minimamente invasiva ás patoloxías máis frecuentes que se atopan na consulta diaria (juanetes, dedos en garra, metatarsalgias, fascitis, espolón calcáneo…). Borja Pérez explica que as técnicas de cirurxía M.I.S. permiten a través de incisiones de poucos milímetros acceder ás estruturas e realizar os procedementos con menor agresión cirúrxica, permitindo un postoperatorio máis agradable para o paciente e unha reincorporación máis temperá ás súas actividades da vida diaria. Tamén se aplican avances tecnolóxicos á braquimetatarsia (alteración conxénita que cursa co acortamento importante dun metatarsiano), a síndrome de conxestión calcánea (edema óseo do óso do talón que provoca unha intensa dor), e a lipoinfiltración (utilización de graxa autóloga do propio paciente para substituír a perda de almohadilla graxa plantar, moi frecuente na poboación).
Posted in Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Os podólogos asesoran os penitentes para evitar doenzas, en Televisión de Galicia​ https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be
Seguimos apoyando a los #deportistas. Ayer domingo en la carrera popular gandeira de Santa Comba en la asistencia… https://t.co/B3uqseFNjN
Los podólogos dan las pautas para la Semana Santa - Diario Sanitario https://t.co/XVuRiGpGbk
El domingo de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores con i… https://t.co/hRMZwvaw6d
El domingo-21 de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores co… https://t.co/DPUl6xcCqE
Consejos para los principiantes en el running y así evitar lesiones innecesarias https://t.co/7vktSb46Z3
Exploración biomecánica para evitar lesiones https://t.co/btxmgbUtKg
Recomendamos na exploración biomecánica previa a la práctica de running para prevenir lesiones Borja Pérez, presid… https://t.co/dKIUouSwG7
📸 Álbum de fotos de la jornada de asistencia podológica a los corredores del maratón Coruña42 , ayer domingo en la… https://t.co/vCr5IH6fAQ
🏃‍♂️🏃‍♀️Este domingo se celebra el VIII Maratón Atlántica @Coruna42 , y allí estaremos los podólogos‼️Asistiremos a… https://t.co/EanFoGTyEw
Nuestro presidente abrió ayer en el congreso de estudiantes en la facultad de FERROL. https://t.co/7ODHEggyWM
Borja Pérez: “Las acciones de los intrusos pueden afectar a la seguridad e integridad de las personas". Ofreció una… https://t.co/6B1cc3Y3is
Nuestro presidente Borja Pérez inaugurará mañana el VIII Congreso de Estudiantes de Podología que se celebrará en e… https://t.co/IotKyEibDq
Abrimos ✍️ del curso exploración biomecánica y técnica de adaptación en directo, que celebremos el 4 de mayo en la… https://t.co/bRiHrkaNvu
Si estás embarazada, mírate los pies. Reportaje en el suplemento #YES de @lavozdegalicia https://t.co/6T7ffUoRc3
La World Health Organization (WHO) celebra cada siete de abril, desde 1950, el Día Mundial de la Salud. Este año l… https://t.co/yFxlePTTSM