Noticias

Os podólogos galegos indagan nos beneficios terapéuticos do láser e a súa aplicación para a cicatrización de feridas e patoloxías dérmicas nos pés

Os podólogos galegos indagan nos beneficios terapéuticos do láser e a súa aplicación para a cicatrización de feridas e patoloxías dérmicas nos pés

O Colexio de Podólogos de Galicia imparte mañá un curso na súa sede de Santiago, de 10 a 17:30 horas, no que participarán 40 profesionais

O Colexio de Podólogos de Galicia acolle mañá sábado, 26 de xaneiro, un curso sobre os usos do láser en podoloxía, organizado pola empresa K-Laser Médica Ibérica. Celebrarase na sede do Colexio de Podólogos en Santiago de Compostela (rúa Manuel Vázquez Cacharrón, 8), en horario de 10:00 a 17:30 horas, e contará coa participación de 40 profesionais da podoloxía.

O seminario estará impartido polo podólogo e fisioterapeuta Jerónimo Benavent, e os podólogos Elena Carrascosa e Xabier Erezuma. Farase unha introdución á terapia física, á aplicación do láser na terapia física, á cicatrización das feridas e á podoloxía dermatolóxica, co obxecto de que o podólogo se familiarice co uso do láser e comprenda a súa física e a súa interacción co tecido para tratar. Na introdución técnica, explicarase a interacción da luz do láser co tecido, ademais de sinalar as características da luz, os tipos de láser, os seus parámetros, seguridade e as contraindicacións e efectos biolóxicos e fisiolóxicos da terapia do láser.

En canto á aplicación do láser en terapia física, Jerónimo Benavent indica que o láser actúa mediante a estimulación da célula, e por iso o tecido brando de tendóns, ligamentos e músculos rexenérase máis rápido co obxecto de tratar patoloxías dolorosas do pé como tendinite ou fascite plantar. “O láser dá enerxía ao corpo para que o proceso de curación natural se acelere” –destaca–.

Tamén está indicado o láser para a cicatrización de feridas, ben sexa en casos de pé diabético, úlceras ou tratamentos poscirúrxicos. Neste bloque do curso, Elena Carrascosa explicará que a través do compoñente vascular do láser se xerará un efecto antibacteriano a nivel superficial.

Pola súa banda, Xabier Erezuma falará sobre a aplicación da terapia do láser ás patoloxías dérmicas, como as onicomicoses e os papilomas, quentando a zona para eliminar estas infeccións nas uñas e verrugas plantares.

Borja Pérez Serramo asistió esta tarde a la graduación de los nuevos podólogos en el campus de Ferrol @vozferrolhttps://t.co/gfCvlN8HCe
La directora de comunicación de la Organización Médica Colegial de España, Teresa Alfageme, dirige un equipo de 5 p… https://t.co/cOWeyxoJY4
Os podólogos asesoran os penitentes para evitar doenzas, en Televisión de Galicia​ https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be
Seguimos apoyando a los #deportistas. Ayer domingo en la carrera popular gandeira de Santa Comba en la asistencia… https://t.co/B3uqseFNjN
Los podólogos dan las pautas para la Semana Santa - Diario Sanitario https://t.co/XVuRiGpGbk
El domingo de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores con i… https://t.co/hRMZwvaw6d
El domingo-21 de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores co… https://t.co/DPUl6xcCqE
Consejos para los principiantes en el running y así evitar lesiones innecesarias https://t.co/7vktSb46Z3
Exploración biomecánica para evitar lesiones https://t.co/btxmgbUtKg
Recomendamos na exploración biomecánica previa a la práctica de running para prevenir lesiones Borja Pérez, presid… https://t.co/dKIUouSwG7
📸 Álbum de fotos de la jornada de asistencia podológica a los corredores del maratón Coruña42 , ayer domingo en la… https://t.co/vCr5IH6fAQ
🏃‍♂️🏃‍♀️Este domingo se celebra el VIII Maratón Atlántica @Coruna42 , y allí estaremos los podólogos‼️Asistiremos a… https://t.co/EanFoGTyEw
Nuestro presidente abrió ayer en el congreso de estudiantes en la facultad de FERROL. https://t.co/7ODHEggyWM
Borja Pérez: “Las acciones de los intrusos pueden afectar a la seguridad e integridad de las personas". Ofreció una… https://t.co/6B1cc3Y3is