Novas

Os podólogos galegos profundan nun novo tratamento para corrixir as uñas encarnadas sen pasar polo quirófano

Os podólogos galegos profundan nun novo tratamento para corrixir as uñas encarnadas sen pasar polo quirófano

Cristina Martínez, podóloga experta en Ortonixia:

“É indoloro, de fácil aplicación e non se nota, polo que os pacientes poden continuar coa súa vida diaria”

O Colexio de Podólogos celebrará mañá un seminario na Hospedaría San Martín Pinario de Santiago

O Colexio de Podólogos de Galicia celebrará mañá sábado, día 19, un seminario sobre novos tratamentos para tratar as uñas encarnadas no que participarán máis de cincuenta colexiados. Baixo o título “Ortonixia e Cryopen”, a xornada está patrocinada polo laboratorio Herbitas. Celebrarase na Hospedaría San Martín Pinario de Santiago (Praza da Inmaculada, 3) entre as 9:00 e as 13:00 horas.

A podóloga especialista en Ortonixia Cristina Martínez ofrecerá aos podólogos colexiados galegos as claves deste tratamento innovador. Unha das principais patoloxías que tratan os podólogos son as uñas encarnadas. A maioría dos pacientes presentan uñas cunha curvatura excesiva e tendencia a introducirse baixo a pel. A experta explica que se a estes aspectos propios de cada caso súmanselles traumatismos de repetición, un corte inadecuado da uña, o uso de calzado estreito ou a sudoración excesiva da pel, o resultado será unha uña con dor, inflamación e risco de infección.

Ademais do tradicional tratamento cirúrxico nas uñas encarnadas, baseado na eliminación definitiva dunha porción de uña estreitando o seu tamaño, Cristina Martínez explica que actualmente existe un tratamento innovador e non invasivo chamado Ortonixia, “comparable á coñecida ortodoncia usada en odontoloxía para a corrección da dentadura”. A podóloga sinala que se trata dun dispositivo metálico que se fixa á uña para corrixir a súa forma e aliviar inmediatamente as molestias típicas desta patoloxía. “É un tratamento indoloro, de fácil aplicación e que non se nota, polo que se pode continuar coa vida diaria e realizar calquera tipo de actividade durante a súa aplicación” –indica–.

Cristina Martínez asegura que o tratamento mostra resultados satisfactorios corrixindo a forma da uña nun período de 16 a 18 meses, segundo cada caso. “A Ortonixia é unha alternativa á cirurxía, indicada para adultos e especialmente para nenos pola baixa agresividade do tratamento” –manifesta–.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

La Junta de Gobierno se reunió ayer para tratar cuestiones de interés para la profesión y colegiad@s: temas con la… https://t.co/RBQcIPMtcb
#conlosmedicamentosnohayexcusas Muchas veces los pacientes no son conscientes de los efectos que puede conllevar la… https://t.co/ZI0u5qGfxg
«Pero... ¿para esto hace falta receta?» https://t.co/dnXss6iQXB
Intervención de nuestro presidente, Juan Dios, en la rueda de prensa del Colegio de Farmacéuticos presentando la ca… https://t.co/xJRCILilVB
El 90 de los farmacéuticos gallegos reciben cada día peticiones de medicamentos sin receta https://t.co/VEgIce7QLC
🔹El presidente Juan Dios ha asistido hoy al IX Congreso de Estudiantes de Podología, organizado por la Asociación d… https://t.co/PUIwUEcBty
La farmacia coruñesa liderará una campaña contra la automedicación promovida junto a los prescriptores… https://t.co/veRiyZaQ31
La campaña “Siempre con receta” en el Telexornal Galicia, con declaraciones de nuestro presidente Juan Dios… https://t.co/i21AzrK2xm
El presidente del Colexio de Podólogos de Galicia, Juan Dios, participó ayer en la presentación de la campaña sobre… https://t.co/jOtWlzTDgA
"Pero ¿para esto hace falta receta?" https://t.co/wFYp04fe2f vía @laopinioncoruna
Las farmacias de A Coruña inician una campaña informativa sobre la importancia de la receta médica https://t.co/Hn6QUa9xcx
Inicia unha campaña informativa sobre a importancia da receita médica na Coruña https://t.co/UdmJKD0erx vía @Gconfidencial
Las farmacias de A Coruña inician una campaña informativa sobre la importancia de la #recetamédica Médicos, odontó… https://t.co/R86QhZwFxS