Novas

Os podólogos galegos recomendan aos costaleros unha revisión previa á carga dos pasos de Semana Santa

Os podólogos galegos recomendan aos costaleros unha revisión previa á carga dos pasos de Semana Santa

As lesións máis comúns tras as procesións son a dor no antepé e no talón

O fervor da Semana Santa pódese vivir en moitos recunchos de Galicia coa multitude de procesións programadas polas confrarías, e máis concretamente en Ferrol e Viveiro, onde é Festa de Interese Turístico Internacional. Moitas son as persoas que deciden saír como penitentes ou costaleros nas procesións, pero esta práctica relixiosa pode carrexar numerosos problemas nos pés.

O Colexio de Podólogos de Galicia explica que as partes do corpo máis castigadas cando se cargan as imaxes de Semana Santa adoitan ser a columna vertebral, polo peso que recibe, e os membros inferiores, pola necesidade de soportar o peso de abaixo cara arriba e polo sincronismo do paso. Para os especialistas dos pés, as lesións máis comúns tras realizar a penitencia son as dores no antepié e no talón, chamados metatarsalgia e talalgia, que son causa principal da inflamación articular debido ao peso soportado. Ademais, puden aparecer bochas e rozamentos.

Neste punto, os podólogos recomendan que os costaleros se sometan a un estudo da marcha antes de empezar esta tarefa, para descartar patoloxías previas do aparello locomotor que poderían verse agravadas con esta actividade, como a escoliose ou a desviación de columna, a hernia de disco e as lesións meniscais ou de tendón de Aquiles.

Calzado cómodo e flexible

Os profesionais da podoloxía tamén desaconsellan a práctica de facer penitencia descalzo, polo risco de cravarse calquera corpo estraño ou en persoas que sufrisen lesións previas en nocellos e pés. Recomendan o uso de calzado cómodo e flexible, como as zapatillas deportivas con amortiguación, e se é necesario apostan por facer unha vendaxe funcional no nocello o día anterior.

Durante a procesión, e para evitar o cansazo, os podólogos explican que non se debe estar moito tempo parado, e se non se pode evitar aconsellan cambiar alternativamente o peso do pé que está apoiado ou realizar movementos de flexión e extensión dos dedos para mellorar a circulación.

Ao finalizar o acto procesional, os podólogos destacan que é recomendable introducir os pés en auga fría para facer baños de cinco a viente minutos sen pausa, que provocará un “efecto antinflamatorio local”. A continuación, é conveniente concluír coa aplicación dunha crema calmante e unha lixeira masaxe.

Posted in Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Os podólogos asesoran os penitentes para evitar doenzas, en Televisión de Galicia​ https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be
Seguimos apoyando a los #deportistas. Ayer domingo en la carrera popular gandeira de Santa Comba en la asistencia… https://t.co/B3uqseFNjN
Los podólogos dan las pautas para la Semana Santa - Diario Sanitario https://t.co/XVuRiGpGbk
El domingo de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores con i… https://t.co/hRMZwvaw6d
El domingo-21 de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores co… https://t.co/DPUl6xcCqE
Consejos para los principiantes en el running y así evitar lesiones innecesarias https://t.co/7vktSb46Z3
Exploración biomecánica para evitar lesiones https://t.co/btxmgbUtKg
Recomendamos na exploración biomecánica previa a la práctica de running para prevenir lesiones Borja Pérez, presid… https://t.co/dKIUouSwG7
📸 Álbum de fotos de la jornada de asistencia podológica a los corredores del maratón Coruña42 , ayer domingo en la… https://t.co/vCr5IH6fAQ
🏃‍♂️🏃‍♀️Este domingo se celebra el VIII Maratón Atlántica @Coruna42 , y allí estaremos los podólogos‼️Asistiremos a… https://t.co/EanFoGTyEw
Nuestro presidente abrió ayer en el congreso de estudiantes en la facultad de FERROL. https://t.co/7ODHEggyWM
Borja Pérez: “Las acciones de los intrusos pueden afectar a la seguridad e integridad de las personas". Ofreció una… https://t.co/6B1cc3Y3is
Nuestro presidente Borja Pérez inaugurará mañana el VIII Congreso de Estudiantes de Podología que se celebrará en e… https://t.co/IotKyEibDq
Abrimos ✍️ del curso exploración biomecánica y técnica de adaptación en directo, que celebremos el 4 de mayo en la… https://t.co/bRiHrkaNvu
Si estás embarazada, mírate los pies. Reportaje en el suplemento #YES de @lavozdegalicia https://t.co/6T7ffUoRc3
La World Health Organization (WHO) celebra cada siete de abril, desde 1950, el Día Mundial de la Salud. Este año l… https://t.co/yFxlePTTSM