Novas

Os podólogos recomendan revisar atentamente os pés no verán para evitar rozaduras, bochas, sudación, sequidade e a aparición de fungos

Os podólogos recomendan revisar atentamente os pés no verán para evitar rozaduras, bochas, sudación, sequidade e a aparición de fungos

O pé de atleta e as verrugas son as infeccións máis frecuentes causadas polo contaxio en piscinas e duchas públicas

O Colexio de Podólogos de Galicia advirte de que a tempada estival trae consigo unha serie de complicacións para os pés. Se non se lles presta a atención que se merecen, pódense sufrir rozaduras, bochas, exceso de sudación ou sequidade e diversos tipos de infeccións.

As altas temperaturas favorecen que se use un calzado aberto, sen calcetíns nin medias, que habitualmente provocan no pé pequenas feridas causadas polo rozamento da pel ou bochas que xeran un líquido baixo a epiderme. Para tratar unha rozadura, os podólogos aconsellan desinfectala e cubrila cun apósito mentres que a bocha debe deixarse curar ata que a pel despréndase por si mesma.

A sudación pode provocar gretas interdixitais, aínda que pode controlarse con produtos antitranspirantes. Para iso, os podólogos galegos indican que é preciso aplicar un antiséptico que facilite o seu cicatrización e secar moi ben a pel entre os dedos despois da ducha, e aplicar pos de talco antes de calzarnos.

A patoloxía contraria sería a sequidade excesiva da pel. Maniféstase especialmente en forma de capa esbrancuxada sobre os talóns xerando durezas e asperezas. Pódese evitar aplicando con frecuencia crema hidratante, pero se o problema persiste ou empeora dando lugar a picor, descamacións ou mal cheiro hai que acudir a un podólogo.

Outro dos problemas habituais que chegan co verán son os fungos. Estas infeccións cutáneas tenden a aparecer coa sudación extrema e a humidade. O máis típico de todos é o que se denomina pé de atleta, que aparece nos dedos e provoca proído, unha pel arroibada, seca e escamada. Aínda que se trata con medicación específica, para previlo os especialistas aconsellan utilizar un calzado transpirable, calcetíns de fío ou algodón, non compartir toallas e secar coidadosamente os dedos dos pés. Ademais, tamén é moi frecuente o contaxio de papilomas, un virus que orixina verrugas plantares, xerados en lugares húmidos e quentes como piscinas, ximnasios ou saunas. Tanto para o pé de atleta como para o papiloma é moi recomendable usar chancletas ou zapatillas de goma en lugares públicos.

Con todo, os profesionais recomendan as visitas regulares ao podólogo para evitar este tipo de doenzas nos pés.

Posted in Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Os podólogos asesoran os penitentes para evitar doenzas, en Televisión de Galicia​ https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be
Seguimos apoyando a los #deportistas. Ayer domingo en la carrera popular gandeira de Santa Comba en la asistencia… https://t.co/B3uqseFNjN
Los podólogos dan las pautas para la Semana Santa - Diario Sanitario https://t.co/XVuRiGpGbk
El domingo de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores con i… https://t.co/hRMZwvaw6d
El domingo-21 de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores co… https://t.co/DPUl6xcCqE
Consejos para los principiantes en el running y así evitar lesiones innecesarias https://t.co/7vktSb46Z3
Exploración biomecánica para evitar lesiones https://t.co/btxmgbUtKg
Recomendamos na exploración biomecánica previa a la práctica de running para prevenir lesiones Borja Pérez, presid… https://t.co/dKIUouSwG7
📸 Álbum de fotos de la jornada de asistencia podológica a los corredores del maratón Coruña42 , ayer domingo en la… https://t.co/vCr5IH6fAQ
🏃‍♂️🏃‍♀️Este domingo se celebra el VIII Maratón Atlántica @Coruna42 , y allí estaremos los podólogos‼️Asistiremos a… https://t.co/EanFoGTyEw
Nuestro presidente abrió ayer en el congreso de estudiantes en la facultad de FERROL. https://t.co/7ODHEggyWM
Borja Pérez: “Las acciones de los intrusos pueden afectar a la seguridad e integridad de las personas". Ofreció una… https://t.co/6B1cc3Y3is
Nuestro presidente Borja Pérez inaugurará mañana el VIII Congreso de Estudiantes de Podología que se celebrará en e… https://t.co/IotKyEibDq
Abrimos ✍️ del curso exploración biomecánica y técnica de adaptación en directo, que celebremos el 4 de mayo en la… https://t.co/bRiHrkaNvu
Si estás embarazada, mírate los pies. Reportaje en el suplemento #YES de @lavozdegalicia https://t.co/6T7ffUoRc3
La World Health Organization (WHO) celebra cada siete de abril, desde 1950, el Día Mundial de la Salud. Este año l… https://t.co/yFxlePTTSM