Novas

Podólogos galegos indican o uso de botas de montaña para a práctica de sendeirismo

Podólogos galegos indican o uso de botas de montaña para a práctica de sendeirismo

Aconsellan visitar a un profesional antes de comezar a facer rutas e camiñadas

Chega a Semana Santa, e con ela o bo tempo, deixando xa atrás o duro inverno. É por iso que se fan plans e se organizan viaxes cheas de intensa actividade ao aire libre. Actualmente o sendeirismo é un dos deportes con máis adeptos posto que combina natureza con exercicio. É aquí onde o Colexio de Podólogos de Galicia recomenda prestar especial atención aos pés na práctica do sendeirismo para evitar que se convertan nunha “penitencia” esta Semana Santa.

Os profesionais explican que o calzado é un dos elementos principais da equipación para facer sendeirismo porque protexe correctamente os pés que se verán sometidos a terreos abruptos, onde é necesario extremar as precaucións. Desta forma, o calzado de montaña deberá contar cunha sola grosa e antideslizante, con debuxo profundo que se agarre ao terreo.

Á hora de escoller o calzado de montaña, os podólogos galegos indican que é mellor optar por un estilo bota, que protexe máis os nocellos ante posibles torceduras. Ademais, aconsellan estrear os zapatos antes de iniciar as rutas de sendeirismo. “Pódense usar na cidade ou durante algunha saída curta para que os pés se amolden e non se produzan chagas llagas ou dor” –destaca o voceiro do Colexio, Borja Pérez–.

E á hora de comprar, os sendeiristas deben probarse as dúas botas, coa suxeición solta e o pé cara adiante para que poida coller un dedo da man por detrás, ou ben coa bota atada e que as dedas poidan moverse con certa liberdade.

Ademais, para facer sendeirismo os podólogos indican que é fundamental usar uns calcetíns axustados ao pé, para evitar rozaduras ou ampollas. Tamén deben ser calcetíns fabricados con materiais que eviten a sudoración excesiva dos pés (fibras sintéticas) e, na medida do posible, que non teñan costuras.

Borja Pérez: “É importante realizar un estudo biomecánico previo con análise detallada da marcha”

Antes de iniciarse no sendeirismo é conveniente acudir ao podólogo para analizar de forma minuciosa os pés e entender o seu funcionamento en relación co resto do aparato locomotor. Se hai unha patoloxía, tratarase cada caso individualmente e orientarase ao deportista sobre a ruta terapéutica a seguir. “É importante realizar un estudo biomecánico previo insistindo nunha análise detallada da marcha, para observar se é normal ou presenta algunhas alteracións susceptibles de modificarse ou compensarse” –sinala Borja Pérez–. No caso de non correxirse poden derivarse en determinadas lesións.

Así, o Colexio de Podólogos de Galicia di que determinadas alteracións estruturais do aparato locomotor, en concreto nos pés, pode modificar de forma anómala a pisada, polo que se fai necesario en ocasións o uso de orteses plantares para compensar estas anomalías.

Consellos podolóxicos antes da ruta

  • Hidratar convenientemente a pel (preferiblemente pola noite antes de deitarse, con cremas mellor que locións ou pomadas).
  • Hiperhidrose ou exceso de sudoración: usar produtos secantes específicos para os pés (tipo po), entre o pé-calcetín e o calcetín-calzado.
  • Corte de unllas: de forma recta.
  • En caso de helomas, hiperqueratose, fungos ou papilomas débese acudir ao podólogo.

Recomendacións para o transcurso da ruta

  • Non experimentar. Usar calcetín e zapatilla habitual.
  • A zapatilla ideal é a que se adapta á estrutura do pé. As veces é preferible andar ou correr cunha zapatilla máis pesada pero con maior amortiguación e suxeición.
  • Humidade e calor posibilitan a aparición de ampollas. Intentar que os calcetíns estean sempre secos. Se é necesario levar outro par de reposto.
  • Usar apósitos hidrocoloides en zonas de roce para evitar ampollas ou rozaduras.

Consellos podolóxicos para despois da ruta

  • Lavar os pés con auga xabonosa temperada.
  • Sumerxir os pés en auga fresca con líquidos relaxantes.
  • Estirar minuciosamente toda a musculatura do pé.
  • Mobilizar todas as articulacións do pé, masaxeándoo sobre todo pola zona da planta.
  • Se aparecen lesións, tratalas axeitadamente acudindo ao podólogo.

Posted in Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Borja Pérez Serrano fixo recomendacións profesionais para o coidado dos pés peregrinos na @TVGalicia @RadioGalegahttps://t.co/gQiYl2b8IN
Borja Pérez Serramo asistió esta tarde a la graduación de los nuevos podólogos en el campus de Ferrol @vozferrolhttps://t.co/gfCvlN8HCe
La directora de comunicación de la Organización Médica Colegial de España, Teresa Alfageme, dirige un equipo de 5 p… https://t.co/cOWeyxoJY4
Os podólogos asesoran os penitentes para evitar doenzas, en Televisión de Galicia​ https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be
Seguimos apoyando a los #deportistas. Ayer domingo en la carrera popular gandeira de Santa Comba en la asistencia… https://t.co/B3uqseFNjN
Los podólogos dan las pautas para la Semana Santa - Diario Sanitario https://t.co/XVuRiGpGbk
El domingo de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores con i… https://t.co/hRMZwvaw6d
El domingo-21 de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores co… https://t.co/DPUl6xcCqE
Consejos para los principiantes en el running y así evitar lesiones innecesarias https://t.co/7vktSb46Z3
Exploración biomecánica para evitar lesiones https://t.co/btxmgbUtKg
Recomendamos na exploración biomecánica previa a la práctica de running para prevenir lesiones Borja Pérez, presid… https://t.co/dKIUouSwG7
📸 Álbum de fotos de la jornada de asistencia podológica a los corredores del maratón Coruña42 , ayer domingo en la… https://t.co/vCr5IH6fAQ
🏃‍♂️🏃‍♀️Este domingo se celebra el VIII Maratón Atlántica @Coruna42 , y allí estaremos los podólogos‼️Asistiremos a… https://t.co/EanFoGTyEw
Nuestro presidente abrió ayer en el congreso de estudiantes en la facultad de FERROL. https://t.co/7ODHEggyWM