Podólogos galegos participan na marca nacional da “máxima cantidade de persoas pateando un globo” para sensibilizar sobre un coidado adecuado dos pés

Podólogos galegos participan na marca nacional da “máxima cantidade de persoas pateando un globo” para sensibilizar sobre un coidado adecuado dos pés

A acción desenvolveuse hoxe na Praza do Toural de Santiago onde se reuniron aproximadamente 300 cidadáns

 

Borja Pérez, presidente do Colexio de Podólogos de Galicia: “É unha acción de rúa cun forte impacto social e divulgativo”

O Colexio de Podólogos de Galicia festexou hoxe o Día da Podoloxía cunha serie de actividades que puxeron fin á “Semana do Pé Saudable”, campaña nacional de sensibilización social sobre o coidado dos pés posta en marcha polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos. O obxectivo da xornada foi reivindicar o importante papel sanitario que desenvolve o podólogo como profesional indicado para “diagnosticar e tratar diferentes alteracións e enfermidades dos pés” e tentar concienciar aos cidadáns sobre a necesidade do seu coidado e a visita anual ao podólogo.

O presidente da entidade, Borja Pérez, a súa xunta de goberno e aproximadamente cincuenta profesionais da podoloxía galega e as súas familias realizaron o último tramo do Camiño de Santiago, desde o Monte do Gozo até o centro histórico da cidade con chegada á Praza do Obradoiro, “en homenaxe aos peregrinos do Camiño de Santiago, un fenómeno en auxe crecente”. No traxecto repartiron folletos informativos con consellos podológicos entre os peregrinos.

A xornada pechouse cun lanzamento de globos na Praza do Toural. O acto simbólico de darlle unha patada a un globo fíxose á vez en diversas cidades españolas co obxecto de chamar a atención sobre a figura profesional do podólogo e finalmente poder rexistrar a marca de “máxima cantidade de persoas pateando un globo”. Polo punto informativo da Praza do Toural pasaron aproximadamente 300 persoas interesadas en coñecer máis en profundidade a importancia dunha boa saúde podológica. “É unha acción de rúa cun forte impacto social e divulgativo” –sinalou Borja Pérez–. A semana chegou ao seu fin tras ofrecer conferencias informativas sobre o pé saudable por toda Galicia.

Revisión anual dos pés

“O podólogo é o profesional indicado para diagnosticar e tratar diferentes alteracións e enfermidades dos pés e único especialista formado universitariamente e de forma específica en patoloxía do pé” –declarou Borja Pérez–. Está capacitado legalmente para prescribir medicación xunto con médicos e odontólogos a través da receita médico privada. Así conseguen administrar tratamentos completamente diferentes aos que dispensan outros profesionais sanitarios sen esta formación específica, aspecto no que radica o éxito da atención podológica.

Borja Pérez explicou que os campos da podoloxía son a ortopodología, que se ocupa da corrección e contención das alteracións morfológicas e biomecánicas dos pés, a quiropodología que atende o diagnóstico e tratamento incruento de callosidades, durezas e alteracións morfológicas das uñas, a cirurxía podológica para a corrección de cambios estruturais anatómicos derivados de alteracións biomecánicas, a podoloxía pediátrica, xeriátrica, deportiva e a biomecánica ou estudo a través da observación, de probas clínicas funcionais,  dos patróns de marcha normal e patolóxica.

O presidente indicou que é fundamental que todas as persoas vixíen a saúde dos seus pés porque un adecuado coidado pode previr afeccións no resto do organismo como as cadeiras, xeonllos ou columna e mellorar a calidade de vida. “Hai que examinar regularmente os pés, lavar e secar correctamente, hidratar a diario, cortar as uñas rectas, usar medias e calcetíns de fibras naturais, non andar descalzos, evitar o autotratamiento, e elixir un calzado que se axuste pero non comprima o pé,  fabricado con materiais naturais e de non máis de cinco centímetros de tacón” –destacou–. Ademais, Pérez sinalou que é moi importante realizar unha revisión anual co podólogo para recibir orientación sobre os coidados que necesita o pé especificamente, en función da actividade e do tipo de pé.

 

Posted in Sen categorizar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

📣🗣Os consellos dos podólogos á hora de marcar calzado para a volta ao cole. Así comentó el presidente del COPOGA, J… https://t.co/rYc3Ohf42A
El presidente Juan Dios estará mañana en directo en el programa A Revista Fin de Semana de @TVGalicia, a partir de… https://t.co/3sJczAoM1B
La secretaria del @ColexioPodologo, Cristina Fernández Espiño, habla sobre #lavueltaalcole y el cuidado de los 👣 de… https://t.co/51VnlaGKmg
📢 Abierto el plazo de inscripción del TALLER DE BIOMECÁNICA DEL CORREDOR que se celebrará el 26 de octubre en la se… https://t.co/mmYIDt94HB
Nuestros consejos para #lavueltaalcole en @TVGalicia . Os podólogos recomendan para o curso calzado de calidade e a… https://t.co/YbO1reJgP5
El vocal de la junta de gobierno del @ColexioPodologo, Gonzalo Barros, comenta en el programa A Tarde de… https://t.co/XNg4ogHmLP
Los podólogos aconsejan calzado específico para cada actividad escolar, en @vozdesantiago https://t.co/4StdIiiEDP
El Colegio de Podólogos de Galicia señala la importancia de elegir el calzado adecuado, en https://t.co/8rPqIyxSXX https://t.co/PkWtFN8Xxa
Nuestras recomendaciones para #lavueltaalcole​ 👏👏👏Vuelta al cole: Los errores más frecuentes en la elección de calz… https://t.co/ERK9jgo8Gt
#Lavueltaalcole2019 🧳🎒Recomendamos que los más pequeños usen un calzado específico según el tipo de actividad físic… https://t.co/RMaKPDMQuW
Nuestro presidente Juan Dios ha firmado la renovación del Seguro Colectivo de Responsabilidad Civil Profesional con… https://t.co/ZSPmMB1nVc
Consejos para que los pies sobrevivan al Camino de Santiago https://t.co/bKTmJA7au3
Todavía en verano y con calor ⛱☀️, nuestra junta directiva calienta motores para la recta final de año. Se han reun… https://t.co/pw5cKQR2UA
Cómo tratar los pies secos y agrietados en verano https://t.co/FKutPJIeWR vía @hola
La Audiencia de Valencia ratifica la primera condena por intrusismo en Podología https://t.co/GidthuDbHO vía @valenciaplaza
Juan Dios y Borja Pérez completaron el traspaso de poderes con una última sesión de trabajo presidencial y la consi… https://t.co/qtwvKl83Tg
Juan Dios: «Cuidar los pies es algo indispensable», entrevista en @VozBar y @vozcarballo https://t.co/Ee4O3VR5tQ
Nuestro presidente Juan Dios asistió a la entrega de las #MedallasdeGalicia en la @CidadedaCultura, a los expreside… https://t.co/nKDlsUdhWB