Novas

Podólogos galegos recomendan aos afeccionados ao running realizar un estudo da súa pisada para previr lesións e elixir correctamente o calzado

Podólogos galegos recomendan aos afeccionados ao running realizar un estudo da súa pisada para previr lesións e elixir correctamente o calzado

Borja Pérez, voceiro do Colexio de Podólogos:

“As zapatillas de deporte non deben ser nin demasiado frouxas nin moi apertadas, para que as dedas poidan moverse libremente e non tocar a punteira”

Actualmente hai un gran interese polo deporte e a vida sa e cada vez son máis as persoas que empezan a correr para manter unha vida saudable. En xeral, é xente “afeccionada” que necesita unha serie de consellos básicos dos profesionais da podoloxía para protexer adecuadamente os seus pés.

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda aos deportistas e as persoas que practican running ou sendeirismo realizar un estudo biomecánico en clínicas de podoloxía para saber en que condicións traballan as súas extremidades, previr lesións e elixir correctamente o calzado. “Un estudo biomecánico permite ao deportista coñecer o seu tipo de pisada” –destaca o voceiro do Colexio, Borja Pérez–.

Ademais, os podólogos galegos aconsellan revisar o calzado, a súa sola e os calcetíns que se van a usar na práctica deportiva. Borja Pérez comenta que as zapatillas de deporte non deben ser “nin demasiado frouxas nin moi apertadas, para que as dedas poidan moverse libremente e non tocar a punteira”. E débense comprar sempre centrándose no pé máis grande e a última hora do día cando os pés están algo inchados, igual que ao practicar deporte.

Outro aspecto importante á hora de elixir calzado é a talla. Unhas zapatillas demasiado pequenas ou dun número maior poden ser prexudiciais á hora de adestrar. Bochas, rozaduras ou pequenas escordaduras poden ser a consecuencia dunha mala elección de talla. “Un truco á hora de comprar calzado é levantar o dedo máis longo do pé unha vez calzada e abrochada a zapatilla. O dedo non debe estar xusto na punta nin debe sobrar moito. Entre este dedo e a punta da zapatilla debe de caber a punta do dedo meñique da man” –apunta o voceiro–.

Segundo a modalidade de carreira haberá que valorar a amortiguación, materiais, contrafuertes, acordoado e debuxo da sola da zapatilla. Os podólogos sinalan que en terreos naturais débense elixir zapatillas con sola de surcos profundos que permitan que a materia que se pisa poida evacuarse correctamente. En asfalto ou materiais sintéticos, os surcos poden ser menos profundos, e en campos de herba ou similar, os tacos é o máis recomendable.

Tamén hai que ter en conta o estado de desgaste do calzado, xa que a maioría dos modelos están deseñados para facer un determinado número de quilómetros e horas de adestramento, a partir dos cales os sistemas de amortiguación ven afectados. Os podólogos indican que se deben cambiar con frecuencia as zapatillas para non arriscarse a unha lesión. “Hai que renovar o calzado deportivo cando perde amortiguación ou o debuxo da sola, ou cando as costuras empezan a romper e a cámara de aire está plana” –asegura Borja Pérez–.

Nas competicións, os podólogos lembran aos deportistas que non se poden estrear zapatillas. O pé ten que estar adaptado previamente ao calzado, e para logralo deben usarse unha semana antes de saír con elas a correr. Ademais, de maneira previa á carreira, o deportista debe acudir ao podólogo para tratar as súas uñas, durezas ou outros problemas nos pés. E se é preciso aconsellan a visita a un podólogo especializado en deporte para que realice persoais personalizados. Se se producen rozaduras ou bochas durante unha carreira, os podólogos galegos indican que se pode aplicar un pouco de vaselina que actúa como lubricante e evita que a pel orixine unha ferida.

Posted in Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

🔷 La Junta de Gobierno del COPOGA se reunió ayer por videoconferencia para seguir trabajando durante el estado de a… https://t.co/UrfAi4C4tC
Las mejores zapatillas de deporte para cada entrenamiento, con las explicaciones de la podóloga y secretaria del Co… https://t.co/TPZZS3dqEn
🔷 Dejar de fumar puede evitar callosidades en los pies 👣, una lesión que provoca dolor, impide caminar con normalid… https://t.co/hA9n3exyXv
#sentidiño https://t.co/421bWDBsTF
Coronavirus en Galicia | Teletrabajo con dolores. Fisioterapeutas y podólogos alertan del incremento de las dolenci… https://t.co/UL3mNbUu8q
Consejos para los pies tras el confinamiento del presidente del Colexio de Podólogos de Galicia, Juan Dios, en Onda… https://t.co/DWZPDWR8Vw
Compartimos con todos vosotr@s la campaña institucional “Con sentidiño” de la @Xunta, de información a la población… https://t.co/R9R4eL525q
Os podólogos galegos recomendan visitas regulares "para valorar o estado de saúde do pé" https://t.co/bLR3RFZYQR vía @Gconfidencial
Los podólogos gallegos recomiendan visitas regulares "para valorar el estado de salud del pie" y prevenir https://t.co/ABIljO1QoI
Un 85% de personas con fibromialgia son mujeres que sufren problemas en los pies vía @ActaSanitaria https://t.co/NyCbuf8pN9
Un 85% de las personas con fibromialgia son mujeres que s... vía @Consalud_es https://t.co/GzqaJeIG4j
🔶 Clínicas podológicas, un lugar seguro. Nos hemos adaptado a la normativa y seguimos todas las recomendaciones y m… https://t.co/ilYbtfZHjA
Se sufren más problemas en los pies si se padece fibromialgia https://t.co/xxtnEMoMC9
Un 85% de las personas que padecen fibromialgia son mujeres que sufren un incremento de problemas en los pies, como… https://t.co/QxZ88BuxXx
Os podólogos galegos garanten a seguridade dos seus pacientes https://t.co/1ibjfL6JuY https://t.co/iE2gjADcWm
🔶 Los podólogos gallegos siguen pautas de actuación preventivas para garantizar la seguridad de pacientes y mantene… https://t.co/CldE3VwS60
🔶 El presidente Juan Dios y representantes de los colegios de Ópticos-Optometristas, Logopedas, Terapeutas Ocupacio… https://t.co/3Z7lv42qsl
🔶 Tus pies en las mejores manos https://t.co/GHULAOk0XV
Nuestro compañero y vocal de Junta de Gobierno, Martín Veiga, explicó ayer las recomendaciones del COPOGA para la v… https://t.co/J7Bdzwdrbb