Quen somos

O Colexio Oficial de Podólogos de Galicia é unha Entidade de Dereito Público con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins creada pola lei 2/1996, do 27 de decembro, por decisión unánime na Asemblea Xeral da Asociación Galega de Podoloxía, tendo como ámbito de actuación o territorio de Galicia.

Son principios esenciais da súa estrutura e funcionamento a igualdade dos seus membros, a elección democrática dos seus órganos de goberno, a adopción de acordos por maioría e a súa libre actividade dentro do respecto as leis, tal e como establecen os estatutos vixentes que foron aprobados polo Decreto 115/2011, do 3 de xuño.

O colexio réxese polos seus estatutos; pola lei 2/1978, de 13 de febreiro, sobre colexios profesionais; pola lei 11/2001, de 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia; e polo resto de normas legais que lle sexan de aplicación.