Saúda

A Xunta de Goberno do COPOGA dávos a benvida á páxina web do colexio, unha páxina que nace co obxectivo de converterse nun lugar de encontro para as/os podólogas/os que realicen a súa actividade no territorio de Galicia e ao mesmo tempo, pon á disposición das/os cidadás/cidadáns a información precisa para que acudan a profesionais con plenas garantías.


O COPOGA ten como obxectivos básicos a promoción progresiva e xeneral do desenvolvimiento da podoloxía e a defensa dos intereses xerais das súas colexiadas/vos, comprometéndose coa súa representación e defensa, así como tamén, coa ordenación da podoloxía, a loita contra o intrusismo, a información da formación e o veo polo cumprimento das normas éticas e deontolóxicas.


Esperamos que esta páxina nos proporcione ferramentas que nos axuden de maneira áxil e eficaz a traballar xuntos no fomento destas finalidades, proporcionándonos unha vía de acceso cómoda a múltiples contidos que sirvan para satisfacer o interese da poboación en xeral e das/vos colexiadas/vos en particular.


Colexio Oficial de Podólogos de Galicia