Noticias

Un 85 % das persoas que padecen fibromialxia son mulleres que sofren un incremento de problemas nos pés, como xoanetes ou deformidades nos dedos

Un 85 % das persoas que padecen fibromialxia son mulleres que sofren un incremento de problemas nos pés, como xoanetes ou deformidades nos dedos

infografia fibromialgiaPresentan perda de equilibrio, dificultade para calzarse e, por tanto, peor calidade de vida

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda visitar regularmente o podólogo para valorar o estado de saúde dos pés e realizar unha prevención e tratamento adecuados

O Colexio de Podólogos de Galicia lembra, con motivo do Día Internacional da Fibromialxia que se celebra mañá martes 12 de maio, que as mulleres que padecen esta doenza presentan máis problemas nos pés do habitual.

A fibromialxia é unha enfermidade reumática crónica que se caracteriza por dor musculoesquelética xeneralizada e sensación dolorosa á presión nuns puntos específicos (puntos dolorosos). Provoca dor nos músculos e no tecido fibroso (ligamentos e tendóns).

Trátase dunha enfermidade frecuente, que a sofre entre un 2 e un 6 % da poboación, con máis frecuencia en mulleres, que representan o 85 % de afectados. Adoita estar asociada á síndrome de fatiga crónica, que manifestan entre o 50 e 70 % de pacientes con fibromialxia.

O Colexio de Podólogos de Galicia sinala que as mulleres que sofren fibromialxia presentan xoanetes, esporón calcáneo ou deformidades nos dedos, entre outras doenzas. Con especial repercusión na función do pé, a entidade colexial explica que a fibromialxia repercute na perda de equilibrio, dificultade para calzarse como consecuencia dos cambios na forma dos pés, peor saúde podolóxica e menor tolerancia á dor.

Ademais, a nivel xeral as persoas con fibromialxia presentan diminución de vitalidade, o que pode provocar unha maior propensión á tristeza, ansiedade e depresión; perda da capacidade de socialización, o que comporta perda de autonomía e benestar; ou dificultade para realizar actividade física, o que contribúe a un incremento de dependencia e diminución da súa saúde xeral. Todas estas cuestións incrementan o número de visitas en atención primaria e especializada e provocan un aumento do gasto sanitario.

O podólogo pode recomendar distintas formas de tratamento segundo o caso particular da persoa afectada. Cando o problema podolóxico está nunha fase inicial, pódese indicar un tratamento podolóxico conservador, con soletas a medida que contribúen a mellorar a postura, o equilibrio e facilitar a autonomía. Así mesmo, pódense indicar órteses de silicona, elaboradas polo podólogo, que axudan a controlar a posición das deformidades dos dedos e a perda de tecido graxo.

Nesta fase, tamén se lle pode aconsellar ao paciente para que faga uns exercicios de potenciación muscular, propiocepción e estiramentos, ademais de administrarlle fármacos. E, por último, existe a cirurxía podolóxica con tratamentos cirúrxicos con anestesia local para aqueles casos máis serios e complicados.

A visita regulada ao podólogo para controlar e reducir a presenza dos problemas nos pés nas persoas con fibromialxia reduciría substancialmente a carga de malestar dos pacientes.

Un dos primeiros estudos sobre a saúde do pé en mulleres con fibromialxia foi o realizado pola Universidade de Estremadura (UEX), en colaboración coa Universidade da Coruña (UDC), e no que participou o podólogo, colexiado do Colexio de Podólogos de Galicia, profesor e investigador da UDC, o doutor Daniel López López.

Neste traballo estudouse a máis de 200 mulleres con idades comprendidas entre os 26 e os 83 anos (a metade delas sas e a outra metade diagnosticadas por un reumatólogo, pero sen outras patoloxías asociadas de índole reumática, neoplásicas, neurolóxicas ou endócrinas), nas que se puido apreciar como os valores máis significativos se dan entre quen presenta fibromialxia. O 100 % das enquisadas con fibromialxia presentan un incremento de problemas nos pés.

 

 

🔷 La Junta de Gobierno del COPOGA se reunió ayer por videoconferencia para seguir trabajando durante el estado de a… https://t.co/UrfAi4C4tC
Las mejores zapatillas de deporte para cada entrenamiento, con las explicaciones de la podóloga y secretaria del Co… https://t.co/TPZZS3dqEn
🔷 Dejar de fumar puede evitar callosidades en los pies 👣, una lesión que provoca dolor, impide caminar con normalid… https://t.co/hA9n3exyXv
#sentidiño https://t.co/421bWDBsTF
Coronavirus en Galicia | Teletrabajo con dolores. Fisioterapeutas y podólogos alertan del incremento de las dolenci… https://t.co/UL3mNbUu8q
Consejos para los pies tras el confinamiento del presidente del Colexio de Podólogos de Galicia, Juan Dios, en Onda… https://t.co/DWZPDWR8Vw
Compartimos con todos vosotr@s la campaña institucional “Con sentidiño” de la @Xunta, de información a la población… https://t.co/R9R4eL525q
Os podólogos galegos recomendan visitas regulares "para valorar o estado de saúde do pé" https://t.co/bLR3RFZYQR vía @Gconfidencial
Los podólogos gallegos recomiendan visitas regulares "para valorar el estado de salud del pie" y prevenir https://t.co/ABIljO1QoI
Un 85% de personas con fibromialgia son mujeres que sufren problemas en los pies vía @ActaSanitaria https://t.co/NyCbuf8pN9
Un 85% de las personas con fibromialgia son mujeres que s... vía @Consalud_es https://t.co/GzqaJeIG4j
🔶 Clínicas podológicas, un lugar seguro. Nos hemos adaptado a la normativa y seguimos todas las recomendaciones y m… https://t.co/ilYbtfZHjA
Se sufren más problemas en los pies si se padece fibromialgia https://t.co/xxtnEMoMC9
Un 85% de las personas que padecen fibromialgia son mujeres que sufren un incremento de problemas en los pies, como… https://t.co/QxZ88BuxXx
Os podólogos galegos garanten a seguridade dos seus pacientes https://t.co/1ibjfL6JuY https://t.co/iE2gjADcWm
🔶 Los podólogos gallegos siguen pautas de actuación preventivas para garantizar la seguridad de pacientes y mantene… https://t.co/CldE3VwS60
🔶 El presidente Juan Dios y representantes de los colegios de Ópticos-Optometristas, Logopedas, Terapeutas Ocupacio… https://t.co/3Z7lv42qsl
🔶 Tus pies en las mejores manos https://t.co/GHULAOk0XV
Nuestro compañero y vocal de Junta de Gobierno, Martín Veiga, explicó ayer las recomendaciones del COPOGA para la v… https://t.co/J7Bdzwdrbb